Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 24 de agosto de 1995 Páx. 6.600

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais, a Francisco Javier del Moral Hernández.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulgar o concurso, convocado por resolución desta universidade, de 3 de outubro de 1994 (BOE do 25 de outubro) para a provisión da praza número 050/1994 de catedrático de universidade da área de coñecemento construcción navais, do departamento de Construccións Navais desta universidade, a favor de Francisco Javier del Moral Hernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 de la Ley 11/1983, de 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier del Moral Hernández, catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais desta universidade.

A Coruña, 10 de xullo de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

95-05481