Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva do acordo do Consello da Xunta de Galicia, de igual data, pola que se lle outorga aprobación definitiva ó proxecto de Modificación Puntual Número 3 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo (Pontevedra) no terreo lindante á igrexa da Inmaculada Concepción do Calvario.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 20 de xullo de 1995, adoptou o acordo que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

«Acórdase por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e aceptando o informe favorable emitido por unanimidade polo Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia na súa sesión do 10 de xullo de 1995, aprobar definitivamente o proxecto denominado Modificación Puntual Número 3 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo (Pontevedra) no terreo lindante á igrexa da Inmaculada Concepción do Calvario, que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Vigo na súa sesión plenaria do 3 de novembro de 1994.

Notifíquese o presente acordo e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes».

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos opotunos, advertíndose que contra o dito acordo, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-5403