Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da orde, de igual data, pola que se lle outorga aprobación definitiva ó proxecto do Plan Especial de Ordenación do Ámbito Portuario-Megasa, municipio de Narón (A Coruña).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 17 de xullo de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo de conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia do 10 de xullo de 1995, outorga-la aprobación definitiva ó proxecto do Plan Especial de Ordenación do Ámbito Portuario-Megasa, municipio de Narón (A Coruña), que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Narón na súa sesión plenaria do 20 de febreiro de 1995, coas precisións derivadas dos fundamentos da presente.

Notifíquese a presente e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes».

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos opotunos, advertíndose que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-5296