Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.543

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da Orde do 14 de iguais mes e ano, pola que se outorga aprobación definitiva ó proxecto do Programa de Actuación Urbanística do Solo Urbanizable Non Programado A-1-1 zona do Vao. Pontevedra (Pontevedra).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 14 de xullo de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Resolvo de conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia do 10 de xullo de 1995, outorga-la aprobación definitiva ó proxecto do Programa de Actuación Urbanística do Solo Urbanizable Non Programado A-1-1. Zona do Vao. Pontevedra (Pontevedra), aprobado provisionalmente polo Concello de Pontevedra na súa sesión plenaria do 24 de novembro de 1994, coa expresa precisión de que con anterioridade a que se aprobe o correspondente plan parcial deberá determinarse a alternativa elixida e a viabilidade no tratamento e evacuación das augas residuais, así como cumpri-las esixencias do informe en materia de estradas de data 4 de xullo de 1995.

Notifíquese a presente e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes».

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, advertíndose que contra a dita orde poderase interpoñer recurso de reposición como previo ó contencioso-administrativo, ante ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes, contado desde o día hábil seguinte ó da súa notificación ou publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-5297