Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.543

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 7 de agosto de 1995 pola que se nomea novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO. de Galicia.

Pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, creouse o Consello Galego de Relacións Laborais coa dobre finalidade de que sirva de foro de diálogo institucional entre sindicatos e asociacións empresariais e de órgano consultivo e asesor desta Comunidade Autónoma no referente á súa política laboral.

No seu artigo 4 disponse que, logo de designación dos seus membros polos sindicatos e asociacións empresariais, aqueles serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da devandita lei, o S.N. de CC.OO. de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros suplentes no consello.

En virtude do disposto no artigo 11 do Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o Consello Galego de Relacións Laborais figura adscrito a esta consellería.

Por todo o exposto, en virtude do artigo 4 da referida Lei 7/1988, do 12 de xullo, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, por pro

posta e en representación do S.N. de CC.OO. de Galicia, a Mª Xesús Díaz Sánchez, en substitución de Benedicto García Villar.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

95-5298