Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 1995 pola que se autoriza o funcionamento de institutos de educación secundaria en Ribeira, Porto do Son, na provincia da Coruña e Mos e Poio, na provincia de Pontevedra.

Creados polo Decreto 162/1995, do 3 de xuño (DOG do 14), os institutos de educación secundaria de Ribeira, Porto do Son, Mos e Poio.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

Autoriza-la posta en funcionamento, a partir do curso escolar 1995-1996, dos institutos de educación secundaria de: Ribeira-A Coruña (24 unidades), Porto do Son-A Coruña (22 unidades), Mos-Pontevedra (24 unidades) e Poio-Pontevedra (24 unidades).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-5404