Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xullo de 1995 pola que se autoriza o funcionamento do centro público de educación primaria e infantil de Melide número 3 e se modifica o colexio público Melide número 1, da provincia da Coruña.

En virtude do disposto no artigo único do Decreto 161/1995, do 3 de xuño (DOG do 14) polo que se crea o centro público de educación primaria e infantil de Melide número 3.

Vistos os expedientes e os correspondentes informes da Delegación Provincial da Coruña e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo funcionamento do novo centro de Melide número 3 e modifica-lo colexio público Melide número 1, como consecuencia da posta en funcionamento do anterior, tal e como figura no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Melide.

Localidade: Melide.

Centro: colexio público Melide número 3.

Código do centro: 150MEL01.

Zona educativa: Melide-Melide (150733).

Composición unidades:

EXBPREE.TOTAL

83 11

CódigoPostos de traballo

EE100Preescolar 3
EE200 EXBCiclos inicial e medio 5
EE201Lingua castelá e inglés 1
EE204Lingua galega 1
EE205Matemáticas e ciencias da natureza 1
EE206Ciencias sociais 1
EE207Educación física 1
---
Total: 13

Provincia: A Coruña.

Concello: Melide.

Localidade: Melide.

Centro: colexio público Melide número 1.

Código do centro: 15008805.

Zona educativa: Melide-Melide (150733).

Modificacións:

Supresións de 1 posto de ciclo inicial e medio, 1 posto de lingua galega, 1 posto de matemáticas e ciencias da natureza, 1 posto de ciencias sociais e 1 posto de lingua castelá.

Creación de 1 posto de educación musical. Recoñéceselle ó profesorado afectado os dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Composición resultante. Unidades.

EXBPREE.E.E.TOTAL

164 121

CódigoPostos de traballo

EE100Preescolar 4
EE300Educación especial-pedagoxía terapéutica 1
EE200 EXBCiclos inicial e medio 10
EE201Lingua castelá e inglés 2
EE202Lingua castelá e francés 1
EE204Lingua galega 1
EE205Matemáticas e ciencias da natureza 2
EE206Ciencias sociais 1
EE207Educación física 1
EE208Educación musical 1
---
Total: 24

9505564