Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 1995 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas.

Por Orde do 15 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1995 e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.322I.48000, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustificación, que se deberá realizar ata o 10 de outubro de 1995 para as actividades que finalicen antes do 30 de setembro, e ata o 10 de decembro de 1995 para as actividades que

finalicen desde o 1 de outubro e antes desa data.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Colexio Oficial de Doutores e Licenciados de Ourense: 3 actividades, 360.000 ptas.

Asociación de Profesores de Francés de Galicia: 1 actividade, 279.000 ptas.

MRP Lucus: 1 actividade, 175.000 ptas.

Federación de Ensino CC.OO.: 4 actividades, 440.000 ptas.

CIG: 4 actividades, 440.000 ptas.

Aula Castelao de Filosofía: 1 actividade, 300.000 ptas.

STEG: 2 actividades, 280.000 ptas.

ENCIGA: 3 actividades, 610.000 ptas.

ASPEGA: 4 actividades, 440.000 ptas.

Asociación de Directores de C.Ps da Coruña: 1 actividade, 200.000 ptas.

Escola Crítica: 1 actividade, 200.000 ptas.

Seminario Permanente Educación para a Paz: 1 actividade, 200.000 ptas.

Quinesia: 2 actividades, 151.000 ptas.

CANDEA: 3 actividades, 360.000 ptas.

Asociación Cultural Matinando: 1 actividade, 200.000 ptas.

APIGA: 4 actividades, 590.000 ptas.

Asociación Chavós: 1 actividade, 470.000 ptas.

AGAPSI: 1 actividade, 175.000 ptas.

AMEFCOR: 1 actividade, 175.000 ptas.

ANLLAR: 2 actividades, 280.000 ptas.

Asociación Galega de Profesores de Castelán «Álvaro Cunqueiro»: 2 actividades, 175.000 ptas.

95-5402