Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xullo de 1995 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 15 de febreiro de 1995 (DOG do 27 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán a adxudicación de dúas bolsas para o Colexio de Europa en Bruxes.

Por Orde do 15 de febreiro de 1995 convocáronse dúas bolsas para realizar estudios en temas relacionados coa Unión Europea, no Colexio de Europa en Bruxes.

Na súa virtude, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección e unha vez recibida a notificación do acordo adoptado polo Colexio de Europa en Bruxes,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar desertas as dúas bolsas para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa con sede en Bruxes.

Artigo 2º

A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-5226