Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 22 de agosto de 1995 Páx. 6.546

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 4 de xuño de 1995, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0004853/1995C, interposto por Engracia Pallares Barrio e outros.

O presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004853/1995C, interposto por Engracia Pallares Barrio e outros contra a resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 22-12-1994, contra a desestimación presunta do recurso formulado contra clasificación do monte de Arriba, do lugar de Amance, parroquia de Eidián, concello de Agolada.

En consecuencia, esta presidencia acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparacer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Pontevedra, 4 de xuño de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

4452