Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 10 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias que se citan, devoltos polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario (expediente 3/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancinador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu regulamento de 1995 (modificado polo RD do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

Lugo, 10 de xullo de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 3/1995.

Denunciado: Ramón Montoya Jiménez.

DNI nº: 33.331.446.

Último enderezo coñecido: Poeta Aquilino Alvariño, 12-4º A, Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 12 de xaneiro de 1995, no vehículo matrícula LU-6645-M, dúas cabezas de gando equino, carecendo do documento de inscrición do vehículo no Servicio de Sanidade e Producción Animal desta delegación provincial para o transporte de gando e de Guía de Orixe e Sanidade Pecuaria coa reseña dos animais.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 52 e artigo 7.3º do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240, do 15-12-1994).

Precepto sancionador: artigos 212 e 215.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 25.000 pesetas.

4984