Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1995 pola que se publican as adxudicacións dos contratos de asistencia técnica que se indican.

A Consellería de Cultura resolveu publica-las adxudicacións dos contratos de asistencia técnica para a delimitación dos Camiños de Santiago, acordadas polo conselleiro, segundo as referencias que a continuación se expresan:

-Concurso público anunciado no DOG do 18-4-1995.

-Delimitación dos Camiños de Santiago desde o sur peninsular (Vía da Prata), e desde Portugal, entrando pola provincia de Ourense e pasando polas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, as súas zonas de influencia, propostas de instruccións para intervención neles, medidas urxentes e inventario.

Empresa adxudicataria: Cotecno.

-Concurso público anunciado no DOG do 18-4-1995 (c.e.: DOG do 2-4-1995).

-Delimitacion dos Camiños de Santiago ó seu paso pola provincia de Lugo: ruta do interior e ruta da costa, as súas zonas de influencia, propostas de instruccións para a intervención neles, medidas urxentes e inventario.

Empresa adxudicataria: Oficina de Planeamento, S.A.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1995.

Rubén V. Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

5365