Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 14 de agosto de 1995 Páx. 6.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a obra de adecuación da residencia da terceira idade As Gándaras á NBE-CPI-91.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, a obra que se cita:

-Adecuación da residencia da terceira idade As Gándaras á NBE-CPI-91, en matreia de medidas de protección contraincendios.

Orzamento da licitación: 34.580.664 ptas. (trinta e catro millóns cincocentas oitenta mil siescentas sesenta e catro pesetas).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 9, categoría D.

Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto no Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial, rúa Montevideo nº 9, de Lugo, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 ás 14 horas, en dias hábiles agás sábados. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar no servicio de Administración e xestión económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos servicios de xestión económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula sexta do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a estalecida pola cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: realizaraa a Mesa de Contratación ás 11 horas do undécimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Lugo, 29 de xuño de 1995

LuisAbades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

95-5026