Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 7 de xullo de 1995, da Área de Servicios Sociais da Coruña, polo que se require declaración anual dos beneficiarios de subsidios da Lei de integración social dos minusválidos (LISMI) que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto na Lei 13/1982, de integración social dos minusválidos e o Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro, que o desenvolve, tódolos beneficiarios do subsidio concedido ó amparo da devandita lexislación deberán presentar declaración anual dos recursos que dispoñen. Transcorrido o plazo concedido para cumprir tal obriga, requírese, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os relacionados no anexo para que, no prazo de 10 días, acheguen a devandita declaración xunto coa fe de vida nas dependencias da Área de Servicios Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9). De non facelo así procederase de conformidade cos artigos 29.2º e 31.6º do Real decreto 383/1984.

José Antonio Amado Vila

Xefe da Área de Servicios Sociais da Coruña

4910