Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria de Ganado Porcino, Coruña Sur.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria de Ganado Porcino, Coruña Sur, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos gandeiros de porcino incluídos no ámbito territorial da asociación, coa soa obriga do cumprimento dos seus estatutos e que teña por finalidade a mellora da especie porcina.

Asinan a acta de constitución: Claudio Orois Quiñoy e oito persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4951