Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 5 e 8 dos estatutos da Asociación Téxtil de Galicia.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 27 de xuño de 1995 acta da reunión ordinaria da asamblea xeral da asociación celebrada o 26 de xuño de 1995, pola que se acorda por unanimidade a modificación do artigo 5 dos estatutos,referente ó traslado do domicilio da mencionada asociación e a modificación do artigo 8 referente ó ingreso de novos membros na asociación.

Santiago de Compostela o 28 de xuño de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

4950