Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de reemprazo na zona de Orosa (Palas de Rei-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Orosa (Palas de Rei-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de reemprazo, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, o 31 de outubro de 1995, a falta de acordo do propietario destes e o novo adxudicatario do predio enque se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de contratación parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 1º de novembro de 1995, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios sobre diferencias superiores ó dous por

cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.

De conformidade co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de reemprazo outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 21 de xuño de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo

5158