Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 xullo de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia dos acordos adoptados pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia nas súas xuntanzas do 24.02.95, 21.03.95 e 23.05.95 en relación coa inclusión de determinadas categorías no anexo III do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo Real decreto 1040/81, Art. 2 e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondiente servicio desta dirección xeral se presentaron o día 19 de xullo de 1995 as seguintes actas da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o per

soal laboral da Xunta de Galicia: acta nº 2 do 24 de febreiro de 1995, acta nº 3 do 21 de marzo de 1995, e acta nº 5 do 23 de maio de 1995, así como unha certificación do seu secretario na que se fan consta-los acordos que se reflictan naquelas, en relación coa inclusión de categorías no anexo III do convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais:

ACORDA

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos ditos acordos no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Nas reunións da Comisión Paritaria dos días 24.2.1995, 21.3.1995 23.5.1995 adoptáronse os acordos que seguidamente se relacionan de inclusión de categorías no anexo III do convenio.

Categoría-
GruponúmeroCategoría-denominación

III38Substitúese a de «supervisor/a radiotelégrafo» por «supervisor/a radioteléfono».
III48Axente auxiliar de inspección tributaria.
III49Axente auxiliar de inspección de transportes.
III50Técnicos especialistas en xardín de infancia.
III99Coidadora a extinguir.
IV31Camiñeiro/práctico especialista.
V2Substitúese a de «peón especialista»

por «peón especializado».

9505464