Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se prorroga e amplía a veda temporal do río Cenza (provincia de Ourense).

De acordo co disposto no artigo 5 da Orde do 24 de febreiro de 1995, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 1995, e por proposta do Servicio de Medio Ambiente Natural de Ourense, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural resolve prorroga-la veda do río Cenza, establecida por Resolución do 28 de xuño de 1995 (DOG nº 125, do 30 de xuño de 1995), ata o 15 de agosto e amplia-lo seu ámbito de aplicación á totalidade do curso de devandito río.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1995.

Carlos del Álamo Jiménez

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

4450