Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 11 de agosto de 1995 Páx. 6.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/10-3 A.T.).

Visto o expediente incoado no servicio de industria desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo

Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais:

Liña aérea, a 20 kV, de 759 m de lonxitude, en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 18 da liña circunvalación de Ourense, e finalizará no proxectado apoio 9 onde a L.M.T. aérea enlaza coa L.M.T. soterrada existente que dá servicio ó C.T. Rairo.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 20 de xuño de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5487