Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-196/94 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expe

dientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1.-Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2.-O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3.-O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 19 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último domicilio coñecido

-Feito denunciado-Precepto infrinxido-Precepto sancionador-Sanción

P-196/94Manuel Pereira Freitas

O Carballiño, 184-1º

Cesantes-Redondela

Pescar sen licencia, no río Alvedosa, o día 1 de xuño de 1994.Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.50.001

Inh. 1 ano

para obter

lic. de pesca

P-266/94Luis Fernández Díaz

A Peregrina, 51-2º B

Pontevedra

Pescar en época de veda, o día 31-10-1994, no río Cancela.Art. 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.50.001

Inh. 1 ano

para obter

lic. de pesca

P-9/95Antonio Lorenzo Frías

Caldelas Monte

Tui

Pescar en época de veda, no río Caselas, o día 19-1-1995.Art. 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.50.001

Inh. 1 ano

para obter

lic. de pesca

95-4844