Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación da sociedade agraria de transformación, constituída conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988 inscrita

no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como a modificación que se cita.

A constitución de a sociedade agraria de transformación Leixa-2 S.A.T. nº 908 Xuga de responsabilidade limitada, domiciliada no Picouto-Leixa-Ferrol (A Coruña); obxecto social: explotación de gando vacún leiteiro; capital social: 1.500.000 pesetas; número de socios: 3.

A modificación de a sociedade agraria de transformación Aspoflor, S.A.T. nº 781 Xuga, na asemblea xeral celebrada o 10 de maio de 1995, acordou dar

de baixa a José Villar Lojo a petición propia, ó que se lle reembolsou a súa aportación no capital social; producíndose unha diminución do mesmo, definitivamente fixado en 2.420.000 ptas. e quedando a sociedade integrada por 11 socios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agicultura,

Gandería e Montes

4351