Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 1 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución que formula o instructor do expediente sancionador P-201/94 (pesca-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente no Servicio Técnico Xurídico da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sita na Ronda da Muralla, 197-2º de Lugo, e presentar ante o instructor as alegacións que considere convenientes.

Expediente nº P-201/94.

Denunciado: Antonio López Novo.

Domicilio: r/ Ángel Senra, 29 A. A Coruña 15007.

Feito denunciado: practia-la pesca no río río Azúmara (Andión-Pol), con dúas redes e ás 7.50 horas.

Precepto sancionador: 35.2º.

Sanción: 500.001 ptas. de multa; 25.000 ptas. de indemnización e dous anos de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 1 de xuño de 1995.

José Ángel Madarro Río

Instructor do expediente

5516