Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 10 de agosto de 1995 Páx. 6.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución de instalacións eléctricas. (Expediente número 52750).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación polo Decreto 163/1995, do 3 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño), dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica, a 132 kV de Mera a Cedeira, dobre circuíto en 680 m e simple circuíto en 13.700 m nos concellos de Ortigueira, Cerdido e Cedeira, das que é propietaria e beneficiaria neste procedemento expropiatorio, a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña; fáiselles saber a tódolos interesados propostos neste expediente, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo, nos días e horas que oportunamente se lles anunciará na notificación que se lles practicará para o efecto, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións, contidos na relación publicada

no BOP da Coruña de data 9 de febreiro de 1995.

Advírteselles ós interesados que, no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, pola súa conta, e formular perante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 15 de xuño de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4352