Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca dos expedientes números P-8/95, P-52/95, P-53/95, P-55/95, P-56/95, P-108/95 e P-163/95, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co dispostono artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación, que poderá ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coiden convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuares alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberán empregarse os impresos normalizados que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 134.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

-Expediente nº: P-8/95.

Denunciado: Salvador Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicais, 17 - Lugo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca en tramo de río coutado, en época de veda, carecendo de licencia e de permiso de couto, pescando unha troita.

Precepto sancionador: 34.1, 34.8 e 34.10.

Sanción: 75.000 ptas. de multa, 1.000 ptas. de indemnización e un ano de inhabilitación para obte- la licencia de pesca.

-Expediente nº: 52/95.

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicais, 60-1º - Lugo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca, en época de veda, carecendo de licencia e de permiso de couto, pescando unha troita.

Precepto sancionador: 34.1, 34.8 e 34.10.

Sanción: 100.000 ptas. de multa, 1.000 ptas. de indemnización e un ano de inhabilitación para obte- la licencia de pesca.

-Expediente nº: P-53/95.

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicais, 60-1º - Lugo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca en tramo de río coutado, en época de veda, carecendo de licencia e de permiso de couto, e usando cebos de uso non permitido.

Precepto sancionador: 34.1, 34.8, 34.14 e 34.10.

Sanción: 150.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº: P-55/95.

Denunciado: Mario Abel Platas Ferreiros.

Enderezo: Casas Sindicais, 60-1º - Lugo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca en tramo de río coutado, en época de veda, carecendo de licencia de pesca e usando cebo de uso non permitido.

Precepto sancionador: 34.1, 34.8 e 34.14.

Sanción: 150.000 ptas. de multa, 1.000 ptas de indemnización e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº: P-56/95.

Denunciado: Marco Antonio Vigo Platas.

Enderezo: Avenida da Coruña, 148-2º - Lugo-27003.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca en época de veda, carecendo de licencia de pesca e usando cebo de uso non permitido.

Precepto sancionador: 34.1, 34.8 e 34.14.

Sanción: 150.000 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

-Expediente nº: P-108/95.

Denunciado: Luis Manuel García Alonso.

Enderezo: Benito Blanco Rajoe, 9-11 D - A Coruña-15006.

Feito denunciado: pescar en tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias.

Precepto sancionador: 33.9.

Sanción: 25.000 ptas. de multa.

-Expediente nº: P-163/95.

Denunciado: Miguel Ángel Hermida Surribas.

Enderezo: Lugar Senra-Piñor de Cea, Ourense.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca carecendo de licencia.

Precepto sancionador: 34.1.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 5 de xuño de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-5468