Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres número 94/0112.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infraccióin da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiranselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 5 de xuño de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 94/0112.

Denunciado: Fandiño Valiño, Carlos Isidro.

DNI: 33.209.388.

Último enderezo coñecido: Diego Gelmírez, 12, Santiago de Compostela.

Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación da infracción da Lei 4/1989 de CEN:

-Artigo infrinxido: 38.13º.

-Cualificación infracción: leve.

Sanción impuesta: 25.000 ptas.

4446