Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se aproban as bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Abelaíndo-Carballás (Cerdedo-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Abelaíndo-Carballás (Cerdedo-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 202/1993, do 23 de agosto (DOG 7-9-1993) que a xunta local da zona, na súa reunión do 31 de maio de 1995, aprobou as bases definitivas de concentración da devandita zona, que estarán expostas ó público no local do Concello de Cerdedo, na Cámara Agraria Local e na parroquia, durante un prazo de trinta días a partir do seguinte á inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36). Os documentos que se poden examinar nos lugares de exposición, refírense á determinación do perímetro, (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación

destas), e a clasificación de terras e fixación dos coeficiente que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos trinta días sinalados, na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra (r/ Benito Corbal, 47-7º), nas oficinas centrais da consellería (edificio de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facendo constar no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle-las notificacións que procedan, e se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Pontevedra, 1 de xuño de 1995.

José Félix Hernáez Ruiz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

9504445