Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 08 de agosto de 1995 Páx. 6.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo trámite de urxencia, para a subministración de 109 terminais de radiomensaxería RDS con destino ás xerencias de Atención Primaria.

Obxecto e orzamento: subministración de 109 terminais de radiomensaxería RDS con destino ás xerencias de Atención Primaria, por un importe máximo de 6.267.500 ptas., IVE engadido.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso deberán ser entregados no prazo de dous meses naturais a partir da notificación da adxudicación definitiva.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, edificio administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente , no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

95-5469