Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.246

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 233/1995, do 20 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Fene (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de apertura e pavimentación do camiño da Rabadeña, Sillobre.

O Concello de Fene (A Coruña), en sesión celebrada o día 22 de decembro de 1994, aprobou o proxecto de «Apertura e pavimentación do camiño da Rabadeña, Sillobre» e na sesión do día 2 de maio de 1995 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 27 de xuño de 1995 baixo o número 6029.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 28 de xuño de 1995, nº 6099.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, pola necesidade de comunica-los núcleos da paroquia de Sillobre e co Concello de Neda, e dar así cumprimento ó disposto no artigo 25 da Lei 7/1985 do 2 de abril, que establece a obriga mínima para tódolos municipios de prestar, entre outros, os servicios de acceso ós núcleos de poboación. Que tal como se contempla no proxecto técnico da obra coa execución da mesma trátase de dar cumprimento ás previsións do vixente Plan Xeral de Ordenación no que se prevé unha sección de 8 metros para o citado camiño, co que se conseguirá non só unha mellora evidente no sistema viario local, senón tamén unhas melloras na seguridade e tránsito polo mesmo, posto que actualmente a sección do camiño oscila entre os 2,50 metros e os 4,0 metros.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, e por proposta do consellerio de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

DISPOÑO:

Artigo único

De conformidade co disposto no artigo cincuenta e dous da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Fene (A Coru

ña), para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído ó efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de «Apertura e pavimentación do camiño da Rabadeña, Sillobre».

Santiago de Compostela, vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

95-4980