Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas no anexo I á Orde do 17 de febreiro de 1995 (DOG do 27 de febreiro).

A Orde do 17 de febreiro de 1995 (DOG do 27 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes a promoción xeral do coñecemento prevé, no seu anexo I, a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de novos equipos (equipos de iniciación á investigación) ós solicitantes que se citan no anexo I da presente orde, na contía que se sinala.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de equipos consolidados ós solicitantes que se relacionan no anexo II da presente orde, na contía que se sinala.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Universidades e Investigación adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 17 de febreiro de 1995, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

5342