Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de xullo de 1995 pola que se adscribe con carácter definitivo ó instituto de educación secundaria de Frións (Ribeira), ó profesorado que se relaciona.

Por Decreto 162/1995, do 3 de xuño (DOG do 14) creouse o instituto de educación secundaria en Frións (Ribeira), trasladándose a este centro as ensinanzas da rama administrativa e comercial que se viñan impartindo no I.F.P. de Ribeira.

Procede, en consecuencia, establece-los cadros do persoal do I.F.P. de Ribeira e I.E.S. de Frións para o curso académico 1995-1996, e de acordo coa proposta efectuada pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, adscribir, con carácter definitivo, no instituto de educación secundaria de Frións ó profesorado procedente do instituto de formación profesional de Ribeira que se relaciona.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Os cadros de persoal para o curso 1995-1996 do instituto de formación profesional de Ribeira e do instituto de educación secundaria de Frións son os que se fixan no anexo I a presente orde.

Segundo.-Os profesores de ensino secundario e os profesores técnicos de formación profesional que se

relacionan no anexo I desta orde quedan adscritos definitivamente ó instituto de educación secundaria de Frións.

Terceiro.-A adscrición á que se refire esta orde non supoñerá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden, e os servicios para efectos de permanencia ininterrompida no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Cuarto.-Nos títulos administrativos dos interesados, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que faga consta-la posesión no novo instituto.

Quinto.-A efectividade desta orde será do 1 de outubro de 1995.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

5306