Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.221

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (371/1994).

Rosa Tesouro Cid, oficial en funcións de secretaria, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

No nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 371/1994, dimanante do procedemento seguido por lesións en agresión, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Jamal El Ghazali (denunciante), veciño da r/ Avda. de Vilachán nº 4 de Negreira e Jaime Luaces Arias (denunciado), veciño da r/ Concepción Arenal, nº 74, 2º Esqda., Lugo.

Decido: que debo condenar e condeno a Jaime Luaces Arias, como autor dunha falta do artigo 582 do Código Penal, á pena de vinte días de arresto menor, custas, e indemnice a Jamal El Ghazali en setenta mil pesetas (70.000 ptas.) por lesións e nos gastos médico-hospitalarios que se acredite en execución de sentencia mediante factura.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes, coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación neste xulgado para a ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes (o recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da LAC), e da que se unirá cer

tificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra esta resolución as partes poderán interpor recurso de apelación perante o Xulgado de Instrucción dentro de cinco días, quedando as actuacións durante ese período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a Jaime Luaces Arias, expido e asino o presente testemuño, en Santiago de Compostela o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado

3765