Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (244/1993).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela tramítanse autos de xuízo declarativo de menor contía número 244/1993, por instancia de Amelia María Sobredo Rosende, representada polo procurador Raposo Quintas, contra Elisa Nieves Nieves, José Midon Nieves, Lino Midon Nieves, María Manuela Midon Nieves, Elena Midon Nieves, Elisa Ofelia Midon Nieves, Eugenia Midon Nieves e herdanza xacente e descoñecidos e ignorados herdeiros de Santiago Midon Nieves. Nos ditos autos dictouse sentencia con data do 10 de febreiro de 1995, da que a decisión é do teor literal seguinte:

«Que estimada parcialmente a demanda interposta pola representación de Amelia María Sobredo Rosende, contra Elisa Nieves Nieves, José Midon Nieves, Lino Midon Nieves, María Manuela Midon Nieves, Elena Midon Nieves, Elisa Ofelia Midon Nieves, Eugenia Midon Nieves e a herdanza xacente e os descoñecidos e ignorados herdeiros do falecido Santiago Midon Nieves, debo condenar e condeno os demandados José e Elena Midon Nieves a pagar de maneira conxunta e solidaria á actora a cantidade de 940.052 pesetas, con observancia respecto a José Midon do sinalado no sexto dos precedentes fundamentos de dereito, absolvendo ós outros codemandados das pretensións contra eles formuladas, con desestimación das restantes peticións que naquela se conteñen, cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ós demandados rebeldes na forma establecida nos artigos 769 en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poder levarse a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderase interpor neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de cédula de notificación en forma a María Manuela Midon Nieves, Elisa Ofelia Midon Nieves e Eugenia Midon Nieves, en paradoiro ignorado, e á herdanza xacente e descoñecidos e ignorados herdeiros do falecido Santiago Midon Nieves, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Secretario xudicial

Rubricado

4616