Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (207/1995).

En virtude do acordado en resolución desta data, conformada por María Luisa Miranda de Miguel, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núme

ro dous dos de Ribeira, dictada na peza separada de medidas coetáneas dimanantes de autos civís que sobre separación matrimonial se seguen neste xulgado co número 207/1995, por instancia de María Benita Argibay Torrado, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, contra José Benito García Losada, a medio da presente cédula cítase o referido demandado, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día catro de setembro e ás dez horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado co fin de ser oído nas ditas medidas, debendo verificalo asistido de avogado e procurador que, respectivamente, o dirixa e represente, prevíndoo de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía sen facerlle máis notificacións nin citacións que as sinaladas na lei.

E para que sirva de citación en forma ó referido demandado José Benito García Losada, expido e asino a presente cédula en Ribeira o quince de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Amalia del Castillo de Comas

Secretaria xudicial

4612