Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (206/1995).

En virtude do acordado pola xuíza deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 206/1995, por instancia de María Benita Argibay Torrado, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, por medio da presente, emprázase o esposo demandado, José Benito García Losada, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que, no improrrogable termo de vinte días compareza nos autos como parte e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións que as sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias de demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Ribeira quince de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Amalia del Castillo de Comas

Secretaria xudicial

4614