Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expedientes número DX-00347-I-94).

Por medio desta cédula notifícaselle ó denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo a resolución sancionadora dictada polo director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaída no expediente que se cita no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo

esta cédula en Santiago de Compostela o 11 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00347-I-94.

Matrícula: LU-6269-G.

Denunciante: LE9OR0033289433.

Denunciado: Construcciones José María Fernández, S.A.

Último enderezo coñecido: Juan Flórez, 36-9º. 15004 A Coruña.

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (formigón) co vehículo matrícula LU-6269-G que ten un P.M.A. de 23.000 kg, e que presenta un peso total en báscula de 30.520 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de 7.520 kg, que representa un exceso de peso do 32,6% sobre o P.M.A. do vehículo.

Data, hora, estrada, p.k.: 17-11-1994, 10.19, N-VI, 544.

Precepto infrinxido: Art. 140 C) LOTT. Art. 197 C) LOTT.

Precepto sancionador: Art. 143 LOTT. Art. 207 RGTO.

Sanción imposta: 320.000 ptas.

95-3766