Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes número DG-00062-I-95 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se indican.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para alegaren por escrito perante esta Dirección Xeral de Transportes, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DG-00062-I-95

C-7037-AG

LO1TC050799623

Manuel Rodríguez

Fernández y otro

Rego do Campo 1

Trav. 15

15320 As Pontes de

García Rodríguez

(A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías (arena) de Begonte á Coruña co vehículo C-7037-AG que arrastra o semiremolque C-01716-R, carecendo da preceptiva autorización administrativa.

17-1-1995; 11.40; N-VI; 543,800

Art. 140.A) LOTT

Art. 197.A) RGTO

Art. 143 LOTT

Art.201 RGTO

250.000 ptas.

precintado

do vehículo

por 3 meses

DG-00080-I-95

M-9578-PL

A2060 1059437257

Comercial Morales

y Domene, S.L.

San Romualdo, 26

28037 Madrid

Realizar transporte de mercadorías co vehículo matrícula M-9578-PL que ten un P.M.A. de 3.500 Kg e que presenta un peso total en báscula de 5.660 Kg, o que supón realizar transporte cun exceso de 2.160 Kg, que representa un exceso de peso do 61% sobre o P.M.A. do vehículo.

25-1-1995; 11.32; N-VI; 543,800

Art. 141.O) en

relación co 140.C)

da LOTT Art.

198.P) en

relación co

197.C) do RGTO

Art. 143 LOTT

Art.201 RGTO

250.000 ptas.

DG-00080-I-95

LU-6269-G

A2060 1059437257

Construcciones José

María Fernández, S.A.

Juan Flórez 36-9º

15004 A Coruña

Realizar transporte de mercadorías (cemento) co vehículo matrícula LU-6269-G provisto de autorización MPC-N que ten un P.M.A. de 23.600 Kg e que presenta un peso total en báscula de 30.740 Kg, o que supón realizar transporte cun exceso de 7.140 Kg, que representa un exceso de peso do 30% sobre o P.M.A. do vehículo.

25-1-1995; 10.43; N-VI; 543,800

Art. 140.C) LOTT

Art. 197.C) RGTO

Art. 143 LOTT

Art.201 RGTO

310.000 ptas.

95-3770