Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1995 pola que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O artigo 21 da Lei 6/1994 do 29 de decembro de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995 autoriza a conceder avais ó Igape por un importe máximo de 13.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica establece que ós avais concedidos polo Igape daráselles publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade ós avais concedidos polo consello de dirección do Igape nas súas reunións de datas 2 de maio e 23 de xuño de 1995:

-Aval por importe máximo de 87,5 millóns de pesetas á empresa Aglomerados Ecar, S.A.

-Aval por importe máximo de 120 millóns de pesetas á empresa Unicar Vehículos Especiales, S.L.

-Aval por importe máximo de 62,5 millóns de pesetas á empresa Montelnor, S.C.L.

-Aval por importe máximo de 595 millóns de pesetas á empresa Gesrubber, S.A.

-Aval por importe máximo de 700 millóns de pesetas á empresa Proinsa, S.A.

-Aval por importe máximo de 350 millóns de pesetas á empresa Demarlosa, S.A.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

95-4600