Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da rúa Camino Casar.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada con data do 20 de abril de 1995, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Camino Casar, por instancia de Clarito Cid Guede, en representación de Construcciones Cid Guede, S.A.

Anúnciase a exposición ó público do dito proxecto do Departamento de Xestión Urbana, en conformidade co establecido no artigo 117.3º do Real decreto lexis

lativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido, da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, polo prazo de quince días, contados desde a última data de publicación oficial, co obxecto de que as persoas ou entidades interesadas poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se estimen pertinentes.

Ourense, 11 de maio de 1995.

O alcalde

Rubricado

95-4659