Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación inicial da modificación puntual do PXOU no ámbito da unidade de actuación número seis.

O Pleno da Corporación, en sesión do 19 de maio de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación inicial á modificación puntual do PXOU no que concirne á Unidade de Actuación número 6 delimitada pola rúa Cobián Roffignac, rúa Santa Clara, Convento de Santa Clara e Praza de Barcelos, de conformidade co documento formulado por este concello, redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, Carlos García Velasco, documentación que será dilixenciada polo secretario xeral da corporación.

Segundo.-Acorda-la supensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito espacial afectado pola modificación do planeamento de ordenación integral, que se delimita a continuación, incluíndo os seguintes inmobles: edificios número 20, 22 e 26 da rúa Cobián Roffignac, horta desta casa lindante coa devandita rúa e a de Santa Clara ata o edificio número 10 desta rúa e Praza de Barcelos e horta do Convento de Santa Clara. A suspensión determinada por esta aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Terceiro.-Someter á información pública o expediente por prazo de un mes mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos do concello e un dos periódicos de maior circulación da provincia, para efectos de que durante o devandito período poidan formularse as alegacións e suxerencias pertinentes computándose o momento inicial do prazo de alegacións a partir da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Facultar á alcaldía para a formalización do convenio a suscribir entre esta Administración municipal e a propiedade do predio maioritario da Unidade de Actuación número 6 no que se establezan as obrigas e garantías para a materialización do aproveitamento non patrimonializable de atribución a este concello, con carácter previo á aprobación provisional do presente procedemento de modificación puntual do PXOU.

Quinto.-Conceder audiencia ós seguintes organismos, co obxecto de que remitan este acordo ós diveros órganos periféricos das súas respectivas administracións públicas ou ben formulen as correspondentes alegacións ou emitan os seus informes oportunos, mediante a notificación deste acordo, podendo durante o referido prazo, examinar no concello o expediente:

-Delegación do Goberno Central en Galicia.

-Delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia.

-Delegación provincial da Consellería de Ordenación de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 25 de maio de 1995.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4662