Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1995 pola que se fai pública a adxudicación da contratación da subministración de material informático.

De conformidade co disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que o contrato de subministración de dezaseis ordenadores persoais e dezaseis filtros para monitor de 14, foi adxudicado á empresa Dinsa (Desarrollo Informático, S.A.), por un importe de cinco millóns oitenta e dúas mil trescentas cincuenta pesetas (5.082.350 ptas), IVE incluído.

Santiago de Compostela, tres de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

95-4978