Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre a urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo establecemento da instalación eléctrica que se cita.

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efecto de notificacións na cidade da Coruña, rúa Fernando Macías nº 2, na que solicita a declaración de urxente ocupación de bens e dereitos necesarios para impoñe-la servidume de paso de enerxía eléctrica para o establecemento e subseguinte explotación das instalacións que se describen de seguido:

Expediente número 3932 A.T.-Liña aérea para transporte de enerxía eléctrica a 15 kV, de 385 m de lonxitude, coa orixe no centro de transformación

(C.T.) aéreo de Vilamartín de Valdeorras e con final no C.T. en caseta existente a mesma poboación.

A devandita instalación foi autorizada e declarada de utilidade pública, pola resolución desta delegación provincial, do 20 de xullo de 1994 (BOE do 10-9-1994, BOP do 27-9-1994 e DOG do 21-9-1994).

A relación concreta e individualizada dos interesados cos que a sociedade peticionaria non logrou acadar acordos para a súa adquisición ou indemnización amigable, publicouse no BOP de Ourense do 25-3-1995, e no diario local La Región, do 25-3-1995.

O que se fai público coa finalidade de que calquera persoa no prazo de información pública e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación, poida achega-los datos precisos para corrixir posibles erros, e tamén, para que os interesados poidan formular alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, por escrito triplicado que deberán presentar no rexistro xeral desta Delegación Provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, Ourense, no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio ou desde a data en que reciban a notificación que se llees efectúa individualmente.

Os interesados poderán pedir, a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens e a forma enque lles afecta a servidume.

Ourense, 18 de abril de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4981