Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 20 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos de indemnizacións do prezo xusto, do proceso expropiatorio e servidumes de instalación eléctrica. (Expediente número 51834).

Faise saber a tódolos propietarios dos predios contidos no expediente de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 20 kV e centro de transformación en Testal, do que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que o día 10 de agosto de 1995, ás 12 horas, se procederá na Casa do Concello de Noia, ó pago do prezo xusto, conforme as indemnizacións determinadas polo Xurado Provincial de Expropiación, advertindo os interesados expropiados, que serán notificados individualmente, que os pagos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954; e 48, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

As relacións dos predios ós que proceden os pagos expóñense xunto con este anuncio nos taboleiros oficiais desta delegación e do concello a que corresponden.

A Coruña, 20 de xuño de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3601