Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 13 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala data para pagamentos do prezo xusto da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 51790).

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Loureiros, da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que para os pagamentos do prezo xusto por expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, conforme as indemnizacións acordadas polo Xurado Provincial de Expropiación, sinálase o día 9 de agosto de 1995, ás 12 horas, na Casa do Concello de Ortigueira.

Os pagamentos correspondenranse cos predios e interesados contidos na lista que se remite ó citado concello, e verificaranse de conformidade cos artigos

48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 deabril de 1957.

A Coruña, 13 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4532