Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/49-3-A.T.).

Ós efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbo

los dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: REE, S.A., Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, Madrid.

Emprazamento: Trives.

Finalidade: ampliación da subestación de Trives.

Características principais: subestación de Trives (Ourense) (propiedade mixta de REE, S.A. e Iberdrola, ampliación do parque de 400 kVA consistente en:

Instalación dunha nova posición de liña a Cartelle, instalación dunha nova posición de acoplamento e completar en dobre barra, renovando as súas proteccións, as dúas posicións existentes (A Lomba e tranformador), instalando comunicación por portadoras e F.O.; ademais construiranse tres novas casetas de relés e un edificio de control de REE, instalando un novo sistema de servicios auxiliares do parque de 400 kV. O dito parque completarase con 9 transformadores de intensidade de relación 3000/5-5-5-5-5 A, 3 transformadores de tensión inductivos e 3 transformadores de tensión capacitativos de 396 000: raíz cadrada de 3/110: raíz cadrada de 3-110: raíz cadrada de 3-110: raíz cadrada de 3 V e os seus correspondentes elementos de seguridade control e manobra.

Orzamento: 289.339.485 pesetas.

O que se fai público para que poda ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª, Ourense) e formularse á mesma as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 3 de xullo de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4593