Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública la petición de autorización y declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/50-3-A.T.).

Ós efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e o artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: REE, S.A., Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, Madrid.

Emprazamento: Cartelle (Ourense).

Finalidade: efectua-lo peche do anel de alimentación a 400 kV a Galicia a traves das liñas Mesón-Cartelle e Cartelle-Trives.

Características principais: subestación de Cartelle (Ourense) situada na localidade de Reigoso nunha parcela con 69 130 m, a construír en dúas fases, a 400 kV prevista para cinco rúas ou zonas distribuídas da seguinte forma:

Rúa 1.-Futura Reactancia 1-Futura Reactancia 2

Rúa 2.-Liña Vigo-Futura (Reserva).

Rúa 3.-Liña Mesón-Lindoso 2.

Rúa 4.-Liña Trives 1-Liña Lindoso 1.

Rúa 5.-Liña Trives 2-Futura (Reserva).

Nunha primeira fase, e cunha configuración en anel só se equipan as rúas 3 e 4 con entradas a 400 kV e saídas a 400 kV con seguintes elementos:

-Nove transformadores de intensidade tipo C.T.I.-430, relación 3000 M.R./5 A de Arteche.

-Nove transformadores de tensión capacitativo tipo D.F.K.-420, relación 396: raíz cadrada 3/0,110 raíz cadrada 3/0,110, raíz cadrada 3/0,110, raíz cadrada 3 de Arteche.

-Caixa de centralización de circuítos de intensidad, de tensión e tensión en barras.

-Armarios de centralización de circuitos de interruptor, control e forza.

-Elementos de seguridade, control e manobra e F.O. para comunicacións nas liñas Mesón, Lindoso e Trives.

-Un transformador para servicios auxiliares de 400 kVA, 20 kV/380-220 V, alimentado en canalización soterrada desde unha liña propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Orzamento: 314.795.000 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª, Ourense) e formularse á mesma as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 30 de xuño de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-4983