Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 28 de xullo de 1995 Páx. 5.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 1995 pola que se modifican centros públicos de preescolar infantil e primaria/EXB, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os expedientes e os correspondentes informes das delegacións provinciais desta consellería na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Considerando que en tódolos documentos se xustifica a necesidade da variación da composición actual de determinados centros públicos.

Tendo en conta a necesidade de axusta-la composición xurídica á realidade funcional dos centros.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPÓN:

1º.-Crear, transforma ou suprimi-los postos de traballo dos centros públicos que figuran no anexo.

2º.-Naqueles centros nos que se supuña incremento de postos de traballo nalgunha área ou especialidade, ateranse ó establecido na Orde do 30 de marzo de 1992 (DOG do 21 de abril), modificada pola do 15 de novembro de 1994 (DOG do 7 de decembro).

3º.-As modificacións recollidas na presente orde surtirán efectos con data 31 de agosto do actual ano.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1995

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4745