Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 28 de xullo de 1995 Páx. 6.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (107/1993).

O/A xuíz/a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que neste xulgado o meu cargo, baixo o número 107/1993, se segue procedemento executivo, por instancia de P.S.A. Credit España, S.A., representado polo procurador García Piccoli Atanes, contra José Pérez Rey e Soledad Calvo Suárez, en reclamación de cantidade, de 616.250 de principal e 250.000 orzadas para xuros e custas, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa taxación, os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán:

Os bens saen a licitación en lotes.

A poxa celebrarase o próximo día 27 de setembro ás 12 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo 45, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se a admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo memos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya S.A., Axencia Urbana, conta de consignacións número 1510-000-17 a favor do xuízo executivo 107/1993.

3. Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiro.

4. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe indicado no punto nº 2.

5. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 27 de outubro ás 12 horas da mañá, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 27 de novembro ás 12 horas da mañá, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral, e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos boletíns oficiais que correspondan.

Arzúa, 20 de xuño de 1995.

Maxistrado/a xuíz/a

O secretario

Rubricado

Relación de bens obxecto de poxa:

-Furgoneta Citroën modelo C-15 diesel C-8145-AS, bastidor número VS7 VDPG0006 PG4805, data de matrícula 6.2.1990. Tipo: 450.000 pesetas.

-Piso terceiro letra C, destinado a vivenda, situado na terceira planta alta dunha casa sita na rúa da Cachurra desta vila e municipio de Negreira. Ocupa unha superficie de cento cinco metros cadrados. Estrema: esquerda entrando, herdeiros de Jesús Hombre García, despois da terraza anexa á vivenda letra C da primeira planta alta, dereita, Sofía Pintos Suárez, despois da terraza anexa á vivenda letra C da primeira planta alta, fondo, camiño de paso para ese predio e outras propiedades de herdeiros de Teresa Fabeiro Caamaño, despois da galería anexa á vivenda letra C da segunda planta e despois da terraza anexa á vivenda da planta primeira alta, fronte, corredor e oco de escaleiras, patio e en parte terraza anexa á vivenda letra B da primeira planta e en parte vivenda letra A da mesma planta, despois de terraza anexa á vivenda letra C da mesma planta alta.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 672, libro 113, folio 209, predio número 13.167. Superficie 105,00 metros cadrados. Tipo: 8.925.000 pesetas.

9502589