Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 28 de xullo de 1995 Páx. 5.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de xuño de 1995 pola que se dictan as directrices ás que deberán axustarse as delegacións provinciais para a elaboración do calendario escolar nos centros de niveis non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Desde o curso 1990-1991 véñense dictando ordes que supoñen un proceso de descentralización na elaboración do calendario escolar para os centros de niveis non universitarios dependentes desta consellería, e establécese que as propias delegacións provinciais, respectando as directrices fixadas con carácter xeral pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, elaboren o calendario escolar, co fin de axustalo ás especificacións das respectivas provincias.

A valoración positiva das medidas introducidas nos referidos cursos fai aconsellable continuar na liña iniciada. En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-As delegacións provinciais elaborarán o calendario escolar que rexerá para o curso 1995-1996, nos centros de niveis non universitarios dependentes delas, de acordo coas directrices seguintes:

1. O curso escolar abranguerá en educación infantil, educación primaria/EXG e as súas modalidades, incluíndo as datas de aplicación das probas de avaliación, desde o día 1 de setembro de 1995 ata o día 31 de agosto de 1996.

En ensinanza secundaria, BUP, FP e ensinanzas de réxime especial, desde o día 15 de setembro de 1995 ó 14 de setembro de 1996.

2. As clases desenvolveranse de luns a venres, comezando o día 15 de setembro en educación infantil, educación primaria/EXB e educación especial. Os primeiros días do referido mes o profesorado dedicaraos a aplica-las probas de avaliación, a elabora-la programación xeral anual, traballos sobre o proxecto educativo e curricular e a organiza-lo curso.

Nos centros de ensino secundario, BUP, FP e ensinanzas de réxime especial de titularidade pública, as clases comezarán o día 29 de setembro.

3. En educación infantil e educación primaria/educación xeral básica, durante os meses de setembro e xuño establecerase a xornada lectiva continuada de catro horas de duración, sen prexuízo de que o profesorado cumpra o horario que lle corresponde.

4. Fixaranse períodos de vacacións de Nadal, cun máximo de 17 días, e Semana Santa cun máximo de 10 días.

5. Fixaranse, igualmente, os días festivos para efectos académicos que, en todo caso, deberán incluí-las festas do Entroido e as correspondentes ós patróns dos distintos niveis educativos, sen prexuízo da posibilidade de unificar nunha única xornada escolar as festividades correspondentes ós respectivos patróns nos centros nos que se imparte EXB, educación primaria ou calquera das modalidades de ensino secundario.

6. O calendario escolar deberá incluír, polo menos, as seguintes conmemoracións:

-4 ó 20 de decembro. Conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

-10 de decembro. Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

-30 de xaneiro. Díaz da Paz.

-15 de marzo. Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

-16 ó 23 de abril. Semana da Prensa, da que o 22 se declara «con periódicos e sen libros».

-Entre o 9 e o 23 de abril. Día do Libro.

-7 de abril. Día Mundial da Saúde.

-9 de maio. Día de Europa.

-13 ó 17 de maio. Semana das Letras Galegas.

-5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.

Estas datas son lectivas para tódolos efectos. Sen prexuízo do anterior, os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a resalta-la importancia das referidas conmemoracións. No caso de que algunha coincida en festivo, trasladarase ó día lectivo inmediatamente anterior.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5247