Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do procedemento sancionador de pesca número 95/012 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con eta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitacion do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 40.30 a) da mesma lei.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte o de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o servicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se

efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determninándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicos múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co estalecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 15 de maio de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei 7/1992 de pesca fluvial

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

95/0012Fernández Regueiro, Benedicto

32.207.146

Senra. Oroso (A Coruña)

Talar de xeito significativo a vexetación de ribeira sen autorización.34.22Menos

grave

Multa:

50.001 ptas.

Indemniz.:

165.000 ptas.

Inhabilit.:

1 ano

95/0033Cortegoso González, Gerardo

33.861.542

Touro, 16

Santiago de Compostela

(A Coruña)

Pescar sen licencia.34.1Menos

grave

Multa:

50.001 ptas.

Indemniz.:

1.200 ptas

Inhabilit.:

1 ano

95/0059Boado Mosquera, José Luis

76.309.297

Cardenal Jaime Mosquera,

35-2º I

A Coruña

Pescar angulas, con arte autorizada en época de veda.34.8Menos

grave

Multa:

50.001 ptas.

Inhabilit.:

1 ano

95-3907